Johann Wolfgag Goethe.

"SI YO PINTO A MI PERRO EXACTAMENTE COMO ES, NATURALMENTE TENDRÉ DOS PERROS, PERO NO ES UNA OBRA DE ARTE"

Johan Wolfgag Goethe


sexta-feira, 24 de setembro de 2010

TRABALLAMOS CON JACKSON POLLOCK!!!!TODO UN XENIO!!!





Jackson Pollock (28 de xaneiro de 1912 -11 de agosto de1956) foi un influente artista estadounidense e un referente no movemento do expresionismo abstracto. Considerado un dos pintores máis importantes de Estados Unidos no século  XX.
Naceu en Cody,Wyoming (Estados Unidos), e posteriormente, en 1929, mudouse a Nova York, onde estudou co pintor Thomas Hart Benton. O seu traballo empezou a ser relacionado co surrealismo. Os críticos[] do momento, tiveron que empezar a relacionar a súa obra dunha ou outro xeito co «automatismo», nunha escritura automática que pretende reflectir os fenómenos psíquicos que teñen lugar no interior do artista...
Jackson Pollock caracterízase na súa dimensión artística, entre outras cousas, por ser un dos renovadores do concepto da plasmación gráfica a través dunha serie de técnicas de tratamento da pintura non experimentadas ata entón, e a teorización fundamentada e racional que leva consigo a explicación do desenvolvemento da abstracción na realización dos seus traballos. Toda esta dimensión creada por Pollock foi a precursora do nacemento do "Expresionismo Abstracto" como rama artística de gran peso entre a década dos 40 e 60. En esa época tamén coñece o celebre pintor mexicano David Alfaro Siqueiros de quen aprende moito polas súas novas tecnicas para pintar e despois desa época sendo unha das vangardas contemporáneas cun dos grandes trasfondos teóricos existente neste tempo. A creación deste estilo dábase porque a acción de pintar se producía dunha forma subconsciente en sí mesmo, traballando dunha forma autómata, que será o que se denominará automatismo. Buscaba a representación dramática e irrefreable do subconscinte. Todo isto estaba condicionado pola busca de levantar emocións sobre o público expectantes, polo que ante os novos acontecementos sociais producidos no século XX que non poderían ser representados a modo tradicional, realista; xa que conducía unha serie de sentimentos tan radicais e descoñecidos. Para iso debían xurdir novas técnicas e maneiras de tratar a pintura e o concepto artístico. Isto é o que finalmente se dará a coñecer como "Action painting".
Como puntos a ter en conta da súa traxectoria artística dende a visión plástica e física da realización da obra é a creación novidosa do termo mencionado antes chamado "Action paiting", que consistía en posicionar o lenzo (sempre de grandes dimensións) a rentes do chan e utilizar os pinceis de forma ríxida, contundente e con movementos rápidos, bruscos e autómatas. Busca o desprazamento do propio artista arredor do lenzo para sincronizar ese movemento. Isto é a clave que representa o carácter marcado da súa obra, que está impregnada de mobilidade e un caos con certa orde en si mesmo. Desta grande concepción da pintura desátase outra das técnicas creadas por este gran xenio; o "dripping". Isto consiste na utilización da pintura con toda a súa propia vitalidade e dinamismo puro, usaba os botes de pintura cunha perforación na súa parte inferior para que a pintura se aplicase sobre o lenzo goteando, con movementos bruscos e de dirección cambiante. Tamén se lanzaba a pintura contra o lenzo e o uso de aerosois. Adoitaba ser sempre pintura acrílica coa que traballaría as súas obras. Outro dos grandes termos que marcasen o seu traballo artístico é o "all-over" que consiste en non deixar espazo ningún sen cubrir, buscando crear unha atmosfera completa e sen limitacións de marcos. A causa desta forma de pintar, Pollock foi alcumado «Jack the Dripper»,juego de palabras con «Jack the Ripper» ou «Jack el Destripador», e «Dripper» ou «goteador» e que podería traducirse como «Jack o Goteador». Pollock comezou a usar esta técnica no ano1947, ano no que precisamente participou na última exposición na galería Art of this Century.
Como punto final para poder comprender a dimensión psicolóxica do autor ante a creación da obra e a explicación dos termos anteriores, o seguinte testemuño do propio Pollock consegue aclararnos esta dimensión:
A miña pintura non procede do cabalete. Polo xeral, a penas tenso a tea antes de empezar, e, no seu lugar, prefiro colocala directamente na parede ou enriba do chan. Necesito a resistencia dunha superficie dura. No chan é onde me sinto máis cómodo, máis próximo á pintura, e con maior capacidade para participar nela, xa que podo camiñar arredor da tea, traballar dende calquera dos seus catro lados e introducirme literalmente dentro do cadro. Trátase dun método similar ao dos pintores de area dos pobos indios do oeste. Por iso, intento manterme á marxe dos instrumentos tradicionais, como o cabalete, a paleta e os pinceis. Prefiro os paus, as espátulas e a pintura fluída que gotea e se escorre, e mesmo un empaste espeso a base de area, vidro moído ou outros materiais inusuais sumados. Cando estou na pintura non me decato do que estou a facer. Só despois dunha especie de período «de acostumbramiento» ver, no que estiven. Non ten medo de facer cambios, destruír a imaxe, etc., pois a pintura ten unha vida en si mesma. Trato de que esta xurda. Só cando perdo o contacto coa pintura, o resultado é unha confusión. Se non, é pura harmonía, un doado dar e tomar e a pintura salgue moi ben"
Deste xeito, o que Pollock plasma na tea «non era unha imaxe, senón un feito, unha acción».

Jackson Pollock, todo un artista!!!!

Sem comentários:

Enviar um comentário