Johann Wolfgag Goethe.

"SI YO PINTO A MI PERRO EXACTAMENTE COMO ES, NATURALMENTE TENDRÉ DOS PERROS, PERO NO ES UNA OBRA DE ARTE"

Johan Wolfgag Goethe


domingo, 19 de junho de 2011

ATA SEMPRE MEUS AMEOS!!!!!

"Xa chegamos case ao final do curso no que aprendemos cousas novas con ilusión e traballo. E agora que está a rematar quero dicir ... GRAZAS!!!Fun moi ben acollida por tod@s, tanto polos  compañeir@s (dende o primeiro ata o último, moitas grazas!!!) coma polas familias, ás cales lles teño que agradecer a súa confianza... E qué dicir dos meus nenos e nenas pois...QUE SON OS MELLORES!!!!!!!Os meus "Ameos da Mahía" de infantil!!!un pracer haber estado con tod@s vos!!!Agora irei para outro cole e estarei con outr@s nen@s, pero esté onda esté sempre terei un bo recordo de todos e todas vós.  AGORA SEREI EU A QUE SEGUIREI AS VOSAS  OBRAS DE ARTE!!!!!!!
Sede bos!!!
Un bico para tod@s!!!!"
Vanessa B.F.
 

quinta-feira, 9 de junho de 2011

DRAGONEANDO EN SOÑOS!!!! CONTOS CON CORES!!! Nen@s de 2º de Infantil




Os nenos e nenas de 2º A, B, C  Infantil (4 anos) fixemos un dragón de cores enooooooorme co que Frida Kahlo viaxou no mundo da arte e da imaxinación cando era unha rapariga!!!o conto está mási que recomendado!!!!a nós encantounos!!!!!e se o ledes, que o disfrutedes!!!!!

sexta-feira, 13 de maio de 2011

"Magnolias" 1945...2º A Infantil



Obra realizada por Xiana, Diego Candamo, Adrián, Christian, Diego Cernadas, Victor Hugo, Noa, Raquel, Sofía, Yaiza, Tatiana, Roi,  Eva, Brian, Joel, Antón, Xairo, Íker, Inés, Belén, Christian Negreira, Malena, Olalla, Clara, Laura.

quinta-feira, 12 de maio de 2011

Interesados por saber...e recordar!!!

 Aprendemos a situar o país onde naceu Frida, e de paso, recordamos donde naceu Jackson Pollock e Pablo Picasso...



 Vimos algunhas das obras máis importantes desta grande pintora... e decatámonos que lle gustaba moito as cores fortes e cálidos...



Aprendimos tamén a recoñecer rasgos característicos dela, así como a destacar que lle gustaba moito facer retratos e autorretratos...



Recordamos tamén tanto a Pablo Picasso como a Jackson Pollock e a súa obra...non está de máis!!!!

domingo, 8 de maio de 2011

FRIDA, video collage


Este "video-collage" (inconcluso) está realizado a partir das ilustracións de Ana Juan e de extractos de vídeos documentais, fotos, etc. de Frida Kahlo. A súa realizadora, M.G.Bravo, pretende explorar as posibilidades visuais das animacións para acercar a vida de Frida Kahlo aos máis pequenos.

sábado, 7 de maio de 2011

ÚLTIMO TRAMO...CON FRIDA KAHLO


Este último e curto tramo do camiño deste curso 2010-2011, adicarémosllo a unha das pintoras mái valoradas en gran parte do mundo: Frida Kahlo.

FRIDA KAHLO naceu en Coyoacán, México, en 1907 (-ide., 1954) Pintora mexicana. Aínda que se moveu no ambiente dos grandes muralistas mexicanos do seu tempo e compartiu os seus ideais, Frida Kahlo creou unha pintura absolutamente persoal, inxenua e profundamente metafórica ao mesmo tempo, derivada da súa exaltada sensibilidade e de varios acontecementos que marcaron a súa vida.
Aos dezaoito anos Frida Kahlo sufriu un gravísimo accidente que a obrigou a unha longa convalecencia, durante a cal aprendeu a pintar, e que influíu con toda probabilidade na formación do complexo mundo psicolóxico que se reflicte nas súas obras. Contraeu matrimonio co muralista Diego Rivera.
Son moi apreciados os seus autorretratos, así mesmo de complexa interpretación: Autorretrato con monos, As dous Fridas.
Cando André Breton coñeceu a obra de Frida Kahlo dixo que era unha surrealista espontánea e invitouna a expoñer en Nova York e París, cidade esta última na que non tivo unha grande acollida. Nunca se sentiu preto do surrealismo, e ao final dos seus días decidiu que esa tendencia non se correspondía coa súa creación artística.

Nós, o ameos da maía, queremos facerlle unha pequena homenaxe a esta artista do seu tempo, e estamos dispostos a empaparnos da súa arte, do seu colorido e en definitiva, da súa xenialidade á hora de pintar e de basearse na natureza e das cousas fermosas que nos da ésta...esperamos que vos guste o resultado!!!!ata prontiño!!!


Para máis información sobre Firda Kahlo podedes pinchar neste enlace :