Johann Wolfgag Goethe.

"SI YO PINTO A MI PERRO EXACTAMENTE COMO ES, NATURALMENTE TENDRÉ DOS PERROS, PERO NO ES UNA OBRA DE ARTE"

Johan Wolfgag Goethe


quinta-feira, 27 de janeiro de 2011

EXPOSICIÓN "PICASSO EN FERRO" DE PLÁCIDO SOUTO

Na sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui dende o 27/01/2011 ata 23/02/2011, hai unha exposición de Plácido Souto adicada a Pablo Picasso baixo o título "PICASSO EN FERRO".

Plácido Souto é un artista autodidacta natural de Vilar de Mouros, Caminha, cun grande sentido estético e artístico que ten proporcionado obras de grande interese.
Para esta exposición,  materializou unha colección orixinal inspirada nas principais obras de Pablo Ruiz Picasso que reproduciu con habelencia en ferro e finalmente deulles cor. A interpretación que realiza da obra do xenial artista Picasso está dotada de grande audacia pero ao mesmo tempo logra conectar rápidamente co espectador que se mostra sorprendido pola capacidade de comunicación das obras.

Así que pais e nais d@s pequen@s ame@s, esta exposición está máis que RECOMENDADA!!! Animádevos e levade as/aos vos@s peques!!

Un saúdo

sábado, 22 de janeiro de 2011

Benvido á Maía!!!PABLO RUIZ PICASSO!!!



Neste segundo trimestre do curso, centrarémonos na figura de Picasso, todo un xenio da pintura entre outros moitos xéneros das Belas Artes...

Pablo Diego José Francisco de Paula Juan Nepomuceno Cipriano de la Santísima Trinidad Ruiz Picasso (Málaga, España, 25 de outubro de1881 - Mougins, Francia, 8 de abril de 1973), coñecido como Pablo Picasso, foi un pintor y escultor español, creador, xunto con outros, do movemento cubista. Iniciou a súa aprendizaxe no mundo da pintura a través do seu pai, profesor de Belas Artes.
(Cabe destacar que en 1891, a familia abandonou Málaga, cando o pai foi nomeado profesor no Instituto de A Coruña, onde Picasso traballou nos seus debuxos e mostrou unha forte confianza en si e nos seus dotes; tiña dez anos. Os seus primeiros traballos, dun realismo vigoroso e case feroz, mostraban unha temperá predilección polos personaxes populares).
Considerado un dos maiores artistas do século XX, participou dende a xénese de moitos movementos artísticos que se propagaron polo mundo e exerceron unha grande influencia noutros grandes artistas do seu tempo. Incansable e prolífico, pintou máis de dúas mil obras actualmente presentes en museos e coleccións de toda Europa e do mundo.
Ademais, abordou outros xéneros como o debuxo, o grabado, a ilustración de libros, a escultura, a cerámica e o diseño de escenografía e vestuario para montaxes teatrais. Morre o 8 de abril de1973 en Notre-Dame-de-Vie (Mougins,Francia) aos 91 anos. Está enterrado no parque do castelo deVauvenargues (Bouches-du-Rhone).
A obra pictórica de Picasso pódese dividir en 4 etapas, estas son:
          ·Época azul (1901/04): emprego de cores frías nas súas pinturas: azul, violeta... Representa temas da realidade social, como: "Pobres a beiras do mar", "el viejo guitarrista".
          ·Época rosa (1905/06): cores suaves e tons claro. Temas caracterizados pola vitalidade e a alegría, abrigo personaxes de circo. Obras: "Familia de saltimbanquis" e "Acróbatas da bóla".
         ·Época negra (1906/07): influencía da arte africano e utilización de cores negras, verde escuro... Os temas apártanse de motivos humanísticos.
        ·Época cubista (1907/17): inicia esta época coa obra: "As señoritas de Avignon", con grande influencia da arte africana e da escultura ibérica. Elimina a profundidade e realiza unha composición na que mostra as figuras de fronte e de perfil á vez. Obras:
"O estanque e a fábrica", "Pintadas en hora d'ebre"


"A diferencia da música, non hai nenos prodixios na pintura. O que a xente percibe como xenio prematuro é o xenio da infancia. Non desaparece gradualmente a medida que envellece. É posible que ese neno se converta nun verdadeiro pintor un día, quizais mesmo un gran pintor. Pero tería que empezar dende o principio. Polo tanto, polo que a min respecta, eu non era un xenio. Os meus primeiros debuxos nunca se mostraron nunha exposición de debuxos infantís. Faltábame a torpeza dun neno, a súa inxenuidade. Fixen debuxos académicos á idade de sete anos, cunha precisión da que me asusto ".
Pablo Picasso.





Picasso en acción!!!! http://www.youtube.com/watch?v=pNrYupcDlXE